Thursday 02 de May de 2024

Cabanas organiza catro roteiros durante o mes de abril


Os tres primeiros terán carácter interpretativo, e o último un enfoque máis deportivo

O Concello de Cabanas, a organiza catro roteiros polo concello e arredores os sábados 9, 16, 23 e 30 de abril. Os tres primeiros, organizados polas áreas de medio ambiente e turismo, teñen un carácter interpretativo, e se desenvolverán en colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural, mentres que o último, organizado pola área de deportes, ten un enfoque máis deportivo.

Os tres roteiros interpretativos teñen como obxectivo descubrir o patrimonio natural de Cabanas, a través de percorridos guiados por diferentes zonas do concello. O primeiro deles percorrerá o entorno costeiro, o segundo o entorno de Pico Castro e o último as Fragas do Eume.

– Sábado, 9 de abril, 10h. Roteiro interpretativo pola costa de Cabanas, con saída desde a Oficina de Turismo. 5 km, 2 horas e dificultade baixa. Axeitado para familias.
– Sábado, 16 de abril, 10 h. Roteiro interpretativo por Pico Castro, con saída desde a Casa do Concello. 8 km, 3 horas e media, dificultade media (300 m. de desnivel).
– Sábado, 23 de abril, 9 h. Roteiro interpretativo polas Fragas do Eume, con saída desde a Igrexa de Soaserra. 12 km, 5 horas, dificultade medio alta (564 m. de desnivel).

Para apuntarse a estes roteiros é preciso reservar praza, indicando nomes completos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto a través do correo turismo@cabanas.gal ou no 637 559 873.

Por outra banda, o último sábado de mes terá lugar a primeira das rutas do programa “Pateando Cabanas” deste 2022, cun percorrido circular que se achegará até o Río Belelle.

– Sábado, 30 de abril, 9.30h. Roteiro por Regoela, Formariz (A Capela) e o Belelle, con saída ás 9.30h desde a Igrexa de Regoela. 13 km, 4 horas, dificultade media (300 m. de desnivel).

Para participar desta última ruta, será necesario reservar praza indicando nomes completos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto no correo deporte@cabanas.gal antes do 26 de abril.

Desde o Concello de Cabanas lémbrase da necesidade de levar roupa e calzado axeitados para participar nestes roteiros (botas, zapatillas de montaña, roupa de abrigo, protección para o sol…), ademais de auga e algo para picar durante o percorrido, reservándose o dereito de non permitir a realización da ruta de non acudir co calzado axeitado.

Así mesmo, lémbrase da necesidade de ter un mínimo de preparación física para poder levar a cabo o percorrido con seguridade.